O CONCELLO DE CERVO PARTICIPA UN ANO MÁIS NO CAMIÑO GASTRONÓMICO DO MAR
A etapa que discorrerá entre os municipios de Cervo e Xove está prevista para o domingo 29 de outubro
Ao remate da camiñata de aproximadamente 16 quilómetros ofrecerase a todos os participantes unha degustación de produtos da lonxa de Burela a cargo de chefs da Asociación de Cociñeiros de Lugo
As inscricións xa están abertas na web: https://www.asocaminodelmar.com/.../2023/camino-gastronomico
A campaña, promovida pola Asociación Amigos do Camiño do Mar e a Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, buscar fomentar o consumo de peixe, promocionar o “Camiño do Mar” e exaltar hábitos de vida saudables como son a práctica de deporte e manter unha dieta equilibrada.