O CONCELLO DE CERVO ACOLLERÁ ESTE SÁBADO 18 DE DECEMBRO O XIII CAMPIONATO DE NADAL DE NIHON TAIJITSU

 O CONCELLO DE CERVO ACOLLERÁ ESTE SÁBADO 18 DE DECEMBRO O XIII CAMPIONATO DE NADAL DE NIHON TAIJITSU

 

  • A cita será ás 17:00 horas no Pavillón Municipal da Veiga de San Ciprián

 

  • Asistirán ao campionato participantes das catro provincias galegas

 

 

Cervo, 15 de decembro de 2021.-O Concello de Cervo acollerá o sábado 18 de decembro o XIII Campionato de Nadal de Nihon Tai-Jitsu nas modalidades de Kata de base e Goshin Shobu (defensa persoal).

O evento foi presentado polo edil de Deportes, David Rodríguez, e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Tai-Jitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo.

 

O escenario da competición, que comezará ás 17:00 horas, será o Pavillón Municipal da Veiga. Ao campionato acudirán participantes das catro provincias galegas.

 

 

Estímase que serán medio cento os participantes, desde a categoría alevín ata senior. Haberá medallas para todas as persoas participantes, e trofeos para os tres mellores de cada unha das 6 categorías.