II CAMPIONATO GALEGO E INTERAUTONÓMICO DE TAIJI QUAN

 O Concello de Cervo foi o escenario esta fin de semana do II Campionato Galego e Interautonómico de Taiji Quan.

Parabéns unha vez máis á organización encabezada por Miguel Angel Rojo Darriba; agardamos que todos os deportistas que participaron na competición -case un cento- desfrutaran moito do noso municipio.
Adxuntamos foto do torneo e da entrega de trofeos na que participou a Tenente de Alcalde, Dolores García Caramés.