O EDIL DE TURISMO, DAVID RODRÍGUEZ, RECIBIU A BANDEIRA AZUL DO TORNO DA MAN DO PRESIDENTE DA XUNTA, NÚÑEZ FEIJÓO

A praia do Torno xa está preparada para lucir a súa Bandeira Azul.

Hoxe mesmo, o concelleiro de Turismo, David Rodríguez, recibiu o galardón da man do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, no acto central que tivo lugar nas Illas Cíes.
Comeza a conta atrás para o comezo do verán e para desfrutar de todos os atractivos naturais do noso Concello, iso si, con SENTIDIÑO.