O CONCELLO DE CERVO DENUNCIA ACTOS VANDÁLICOS NO CENTRO URBANO DE SAN CIPRIÁN

Xa se deu parte á Garda Civil que segue de preto a pista da persoa ou das persoas responsables dunhas pintadas que aparecen repetidamente en diferentes puntos da vila

Villares “son atentados contra o mobiliario público inaceptables, que supoñen un gasto importante para as arcas públicas; actos delituosos e totalmente reprobables que non podemos tolerar”