O BURGO DE TRASBAR CELEBRARÁ A FESTA DA PASCUA O DOMINGO, 1 DE ABRIL

A cita está organizada pola Asociación de Veciños, coa colaboración do Concello de Cervo

  • Haberá misa e a continuación un xantar popular para socios e non socios
  • Os interesados poden anotarse no Local Social ata o 25 de marzo

O Burgo de Trasbar celebrará a Festa da Pascua o domingo, 1 de abril.

O evento foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares, a edil de Turismo, Manuela Méndez, e por Arancha Gadea e María Díaz, en representación da Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, que organiza a Festa, en colaboración co Concello de Cervo.

Ás 13:30 horas está prevista unha misa, e a continuación haberá un xantar popular no Local Social.

Os interesados en asistir ao xantar poden anotarse no propio local ata o 25 de marzo (preferentemente na fin de semana); e o prezo será de 12 euros para os socios, 15 euros para non socios e 7 euros para os nenos de dous a doce anos.