O CONCELLO DE CERVO ENTREGOU A CADA UNHA DAS ANPAS DO MUNICIPIO UNHA AXUDA DE 1250 EUROS

Trátase dunha contribución para os gastos de funcionamento destas entidades e para o impulso das actividades que promoven ao longo do curso

Villares xa anunciou que estas partidas serán recollidas de novo nos orzamentos de 2018 'porque sabemos que é unha axuda importante para o traballo que se desenvolve no seo educativo'

Esta contribución ás ANPAS vén sumarse ás axudas para material escolar e libros dirixida aos alumnos de infantil; ou ás do transporte que dispoñemos ano tras ano'