O CONCELLO DE CERVO MELLORA A REDE DE ABASTECEMENTO NA ZONA DA ROTONDA DE ESPIÑERIDO
- A actuación conta cun investimento de case 30.000 euros froito dun convenio asinado con Augas de Galicia
- Con motivo da realización destas obras infórmase de que mañá venres haberá un corte de auga entre as 9:00 e as 12:00 horas, que afectará a Espiñerido, Lagas, Pedrosa, Casas Novas, Cuiña e Penido

O Concello de Cervo está a realizar estes días traballos de mellora na rede de abastecemento de augas na Rotonda de Espiñerido, na N-642.
O rexedor, Alfonso Villares e o edil de Obras, Plácido Pérez, desprazáronse ata o lugar para supervisar a actuación que consiste fundamentalmente nun desdobramento das canalizacións co fin de que, ante calquera problema eventual que puidese producirse, o abastecemento de auga estea garantido ao 100% para estes veciños”.
Villares informou de que a actuación supón un investimento de 29.039,90 euros, fondos todos eles procedentes da Xunta de Galicia, en concreto do organismo Augas de Galicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente.
O rexedor sinalou que para nós estas obras son fundamentales e van no camiño de mellorar o día a día dos nosos veciños, e os seus servizos; “son actuacións que non se ven, que están soterradas, pero que é importante que os cervenses saiban que se están a levar a cabo”.
Nesta liña, Villares anunciou que con motivo destas obras na canalización de auga, mañá venres, 3 de novembro, procederase a realizar un corte de auga entre as 9:00 e as 12:00 horas, que afectará aos núcleos de Espiñerido, Lagas, Pedrosa, Casas Novas, Cuiña e Penido; “pedímoselle pois aos veciños afectados comprensión e que perdoen as molestias ocasionadas por esta actuación”.