VILLARES MANTIVO UN ENCONTRO COS ALCALDES PEDÁNEOS E OS EDÍS MUNICIPAIS PARA POÑER EN COMÚN AS NECESIDADES E DEMANDAS DOS VECIÑOS DAS DIFERENTES PARROQUIAS DO CONCELLO

A reunión tivo lugar na Casa Consistorial

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, mantivo un encontro cos alcaldes pedáneos e os edís municipais para perfilar as liñas de traballo de cara aos vindeiros meses.

Tal e como explicou o rexedor “foi a primeira dunha serie de reunións fixadas co obxectivo de valorar as necesidades que poidan ter os veciños das diferentes parroquias e burgos do noso Concello, co fin de estar puntualmente ao corrente de todas esas demandas, poñelas en común, e traballar do xeito máis dilixente e coordinado posible para darlles a resposta axeitada”.

Villares  agradeceu a implicación dos Alcaldes Pedáneos e puxo en valor o seu importante labor “co que contribúen en gran medida a mellorar o servizo de atención aos nosos veciños”.

Así mesmo sinalou que na xuntanza tamén “os informamos de todas as actuacións que  se están a realizar, ou que se van levar a cabo no noso termo municipal nos vindeiros meses para que llo transmitan a todos os veciños”.

Os pedáneos do Concello de Cervo son : Ramón Elemparte, Antonio Vila, Jesús Otero, Rubén Fernández, Antonia Casas, Marina Díaz , Luís Orive, Francisco Pinín e José Antonio Gallego.