REMATARON CON GRAN ÉXITO AS NOITES ALTERNATIVAS DE VOLEI PRAIA DO CONCELLO DE CERVO CON 14 EQUIPOS PARTICIPANTES

O campionato xogouse dende o martes, e onte disputáronse as finais, semifinais e 3/4 Posto

  • Na categoría SUB 15 gañou #SomosUnEquipo; e na Senior venceu Water De Munich
  • A semana que vén será a queda do Fútbol 3x3 na Praza dos Campos

Veñen de rematar con gran éxito as noites de Volei Praia que se xogaron no Torno, en San Ciprián, entre o martes e o xoves, cando se desputaron as finais, semifinais e o 3/4  Posto; ante numeroso público.

Participaron 14 equipos nas categorías SUB 15 e Senior.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Educación e Xuventude Dolores García Caramés, estiveron presenciando os encontros nos que se proclamaron vencedores #SomosUnEquipo, na categoría SUB 15; e Water De Munich, na categoría Senior.

O finalizar os partidos, o rexedor e a edil fixeron a entrega das correspondes medallas.

Co Volei Praia, arrincaron os deportes de grupo (xa se celebrou a Noite do Patín, a Noite de Orientación, e a ruta en Kaiak); e o testigo collerao o Fútbol 3x3 dende o luns e ata o xoves; na Praza dos Campos.

Os participantes das categorías SUB 10 / SUB 12 e SUB 15 deben anotarse entre as 20:30 e as 21:30 horas; os da categoría Senior teñen ata as 22:00 horas para facelo.