O CONCELLO DE CERVO PROGRAMOU UNHA EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO PARA OS NENOS E AS FAMILIAS DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

Foi unha xornada de convivencia na que participaron 63 persoas

  • Os nenos puideron practicar pesca nun lago na Pastoriza

O Concello de Cervo programou para o día de hoxe a excusión de fin de curso da Escola Infantil Municipal.  

En total 63 persoas formaron parte da expedición que partiu de San Ciprián contra as 10:30 horas da mañá, rumbo á Pastoriza, onde os pequenos e as familias “puideron gozar dunha xornada de convivencia ao aire libre e practicar a pesca no lago de Troitas Gavín, levando os exemplares capturados logo para as súas casas, se así o desexaban', segundo sinalou a edil de Educación, Dolores García Caramés.

Logo desta actividade, a comitiva gozou dun xantar ao aire libre no merendeiro de Fonmiña, a base dun picnic elaborado polas propias familias.

Caramés sinalou “que foi unha xornada moi enriquecedora para todos, nenos, familias e persoal docente; e o mellor broche de ouro para esta tempada da Escola Infantil; un encontro que ademais serviu para fortalecer eses lazos de amizade entre os nenos fóra da súa tradicional contorna; experimentando novas actividades das que gozaron todos moitísimo”.