05/05/2017. UNHA VECIÑA DE CERVO DETECTOU O QUE PODERÍA SER UN PETROFLIFO, PRETO DO CONCELLO

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Patrimonio, Alfredo Fernández, visitaron esta tarde xunto a membros de Mariña Patrimonio, unha formación que foi detectada por unha veciña de Cervo, no lugar da Pena da Arca, moi preto do Concello, e que podería tratarse dun petroglifo.

Villares sinalou que “un dos obxectivos primordiais da nosa política é velar polo patrimonio, e se se confirma que esta formación é, como asemella, un petroglifo, dende o Concello poremos a disposición todos os medios que teñamos ao noso alcance para protexelo”.

Precisamente, cando reestruturamos o Goberno, creamos unha delegación específica de Patrimonio, co fin de centrar esforzos e traballar no impulso e desenvolvemento sostible dos nosos bens patrimoniais, co obxectivo de buscar e preservar os xacementos que existen e os que se podan localizar no noso  Concello.

O alcalde e o edil de Patrimonio quixeron dar así mesmo as gracias a Mariña Patrimonio polo importante traballo que está a facer.