Saúdo da alcaldesa

Dolores García Caramés

Como alcaldesa do Concello de Cervo, quérovos dar a benvida ao noso portal dixital. 

Unha ferramenta telemática actualizada, para que dun xeito máis fácil e accesible podades consultar calquera asunto que sexa do voso interese en relación ao noso municipio.

Este espazo pretende ser un punto de encontro para os/as cervenses, como canle de información e comunicación directa para facilitar as súas xestións e trámites; pero tamén, por suposto, para os/as foráneos/as.

Se chegaches ata aquí, douche a benvida, e convídote a realizar unha viaxe virtual polos múltiples atractivos que pode ofrecer o noso concello. Estamos convencidos de que ese paseo animarate a achegarte ata aquí a visitarnos e a desfrutar do ambiente acolledor do noso pobo e do carácter hospitalario da nosa veciñanza.

A transparencia é un compromiso persoal. E manter unha Alcaldía aberta a todos/as e cada un dos veciños e veciñas de Cervo é o meu obxectivo. A porta do meu despacho sempre está aberta, como tamén o está esta páxina web que agardo que che resulte transparente, participativa e útil.

Convídovos a coidar e a desfrutar deste marabilloso patrimonio material e inmaterial cunha mirada ilusionante cara ao futuro, para entre todos/as ir construíndo cada día un Cervo mellor.

 

Dolores García Caramés

Alcaldesa de Cervo