PAPÁ NOEL E O SEU ELFO LEVAN A ILUSIÓN DO NADAL AOS COLEXIOS DE CERVO
O CEIP de Cervo e o CEIP Península da Paz recibiron esta mañá unha visita moi especial coa chegada de Papá Noel e o seu elfo, que encheron de ilusión, sorrisos e ambiente nadalicio os dous centros educativos do municipio.
Durante a mañá, o alumnado puido compartir momentos de diversión, facerlles chegar os seus desexos e gozar dunha visita moi esperada nestas datas tan sinaladas.
Os nenos e nenas recibiron tamén un agasallo que foi elaborado con todo o cariño polas persoas usuarias de Saúde Mental A Mariña, un detalle cheo de significado que pon en valor o traballo deste colectivo e transmite unha mensaxe de solidariedade, inclusión e compromiso social.
Desde o Concello de Cervo agradécese a colaboración dos centros educativos para facer posible esta visita tan agardada polas crianzas.
Unha mañá máxica que reforza o compromiso do Concello coa infancia, coa educación en valores e coa celebración do Nadal no municipio.