O CONCELLO DE CERVO COLABORA CO MEMORIAL HÉROES DO ORZÁN

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias, participaron estes días na entrega de trofeos aos equipos compartindo con xogadores, familias e organización unhas xornadas cheas de ilusión, compañeirismo e deportividade, tamén con representación cervense.

O Concello de Cervo volveu colaborar un ano máis co Memorial Heroes do Orzán – Rodrigo Maseda Lozano, unha cita xa consolidada que converte A Mariña no epicentro do fútbol sala base e dos valores do deporte.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias, participaron estes días na entrega de trofeos aos equipos compartindo con xogadores, familias e organización unhas xornadas cheas de ilusión, compañeirismo e deportividade, tamén con representación cervense.

Queremos dar os parabéns á Fundación Imdecum e ao Burela FS polo excelente traballo realizado na organización desta décimo terceira edición, así como agradecer a participación de todos os clubs, deportistas e persoas voluntarias que fixeron posible un torneo de referencia.

Desde o Concello de Cervo seguiremos apoiando iniciativas que fomentan o deporte base, os hábitos de vida saudables e os valores que este transmite.

 Parabéns a todas e todos!