O CONCELLO DE CERVO CLAUSURA UNHA NOVA EDICIÓN DE IOGA DENTRO DO PROGRAMA ENREDANDO NO VERÁN

ioga

As sesións estiveron dirixidas por Nuria Torrado, especialista en ioga, que acompañou aos participantes ao longo destas xornadas cunha combinación de exercicios, xogos e dinámicas adaptadas ás súas idades. 

Ioga para gozar do verán en Cervo!

Máis de 30 nenos e nenas participaron nas sesións de ioga promovidas polo Concello de Cervo dentro do programa estival "Enredando no verán”.

Unha proposta pensada para que as crianzas desfrutasen, se movesen, xogasen e aprendesen a conectar co seu corpo e coa súa respiración.

As sesións estiveron dirixidas por Nuria Torrado, especialista en ioga, que acompañou aos participantes ao longo destas xornadas cunha combinación de exercicios, xogos e dinámicas adaptadas ás súas idades. 

No último día de actividade, a rexedora, Dolores García Caramés, quixo achegarse para compartir un anaco con eles, escoitar as súas experiencias e coñecer de primeira man como viviron estas sesións agradecendo moi especialmente o traballo de Nuria en cada sesión. Ademais, non dubidou en participar nalgún dos xogos e actividades. 

Unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento que pecha con moi bo sabor de boca.