O CONCELLO DE CERVO ANIMA A PARTICIPAR NAS CLASES DE BAILE DE SALÓN PROMOVIDAS POR ARAMA E HOVER CROSS

bailes de salón

As persoas interesadas en participar ou en obter máis información poden contactar cos teléfonos 648.033.250, 620.817.300 ou 630.864.427. As calses arrincarán o martes, 15 de setembro, ás 21:00 horas, no pavillón do CEIP Península da Paz.

O Concello de Cervo anima á veciñanza a participar nas clases de baile de salón promovidas pola Asociación Arama e a Escola de Baile Hover Cross, unha proposta pensada para achegar o baile e a actividade física a persoas de diferentes idades e que se desenvolverá os martes, no pavillón do CEIP Península da Paz, en San Ciprián.

A iniciativa foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés e a concelleira, Mali Méndez, xunto co presidente de Arama, Manuel Casas, o profesor internacional de baile de salón Francisco Villarino e a profesora Saray Morales, que se encargarán da formación.

As clases terán unha periodicidade semanal e estarán impartidas por profesorado titulado, ofrecendo a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar coñecementos en diferentes modalidades de baile. Entre os estilos previstos figuran o vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e chachachá.

A actividade pretende ser, ademais, un punto de encontro para compartir tempo de lecer, aprender novos estilos e fomentar a participación e as relacións sociais a través dunha actividade dinámica e aberta á veciñanza.

As persoas interesadas en participar ou en obter máis información poden contactar cos teléfonos 648.033.250, 620.817.300 ou 630.864.427. As calses arrincarán o martes, 15 de setembro, ás 21:00 horas, no pavillón do CEIP Península da Paz.

Desde o Concello de Cervo convídase á veciñanza a sumarse a esta proposta e aproveitar a oportunidade de aprender e desfrutar do baile de salón nun ambiente participativo e agradable.