A MARUXAINA, PROTAGONISTA DO PROGRAMA ESPECIAL DE COPE DE LA COSTA EMITIDO EN DIRECTO DESDE A PRAZA DOS CAMPOS DE SAN CIPRIÁN

cope maruxaina

A festa da Maruxaina foi a gran protagonista do programa especial de COPE de la Costa, que se emitiu en directo desde a Praza dos Campos, en San Ciprián, coincidindo coa celebración desta cita tan emblemática do municipio.

A festa da Maruxaina foi a gran protagonista do programa especial de COPE de la Costa, que se emitiu en directo desde a Praza dos Campos, en San Ciprián, coincidindo coa celebración desta cita tan emblemática do municipio.

No espazo radiofónico participou a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen puxo en valor a importancia da Maruxaina como unha das festas máis representativas da identidade de San Ciprián e do concello, destacando o seu carácter popular, a implicación da veciñanza e a capacidade desta celebración para atraer cada ano a milleiros de persoas.

Ao longo do programa tamén interviñeron diferentes veciños e veciñas moi vencellados á lenda da Maruxaina e á historia da festa, que compartiron vivencias, lembranzas e curiosidades arredor dunha tradición que se transmite de xeración en xeración e que forma parte do patrimonio inmaterial de Cervo.

A emisión en directo permitiu achegar aos oíntes o ambiente festivo que se vivía na Praza dos Campos e contribuíu a difundir a esencia dunha celebración única, que combina tradición, cultura popular e participación cidadá, consolidándose como un dos grandes referentes do verán na Mariña.