Magosto na Escola Infantil Municipal

Foi unha actividade fermosa para vivir e manter viva unha das tradicións máis queridas do noso outono. 

Na Escola Infantil Municipal celebramos o Magosto cunha xornada chea de tradición, aprendizaxe e diversión. As crianzas gozaron de xogos relacionados co outono, descubriron costumes propios desta época e participaron activamente na festa.

 Asaron castañas e coñeceron o seu papel nesta celebración.

 Elaboraron un cestiño artesanal para levalas á casa e compartir en familia.

 Degustaron produtos típicos da estación, achegándose aos sabores do outono dun xeito natural e lúdico.

Foi unha actividade fermosa para vivir e manter viva unha das tradicións máis queridas do noso outono.