CERVO CONCILIA REMATA AS CLASES DE INGLÉS DESENVOLVIDAS ESTE VERÁN DENTRO DO PROGRAMA MUNICIPAL

clases inglés concilia

A iniciativa levouse a cabo en colaboración coa English School, incorporando por primeira vez dentro da programación de Cervo Concilia actividades específicas para achegar o inglés aos máis pequenos dun xeito dinámico, participativo e adaptado ás súas idades.

A iniciativa, realizada en colaboración coa English School, permitiu incorporar o aprendizaxe do inglés á programación de actividades de conciliación durante o período estival

O programa municipal Cervo Concilia puxo punto e final ás clases de inglés desenvolvidas ao longo deste verán, unha proposta coa que o Concello de Cervo quixo ampliar e diversificar as actividades dirixidas ás nenas e nenos durante o período estival.

A iniciativa levouse a cabo en colaboración coa English School, incorporando por primeira vez dentro da programación de Cervo Concilia actividades específicas para achegar o inglés aos máis pequenos dun xeito dinámico, participativo e adaptado ás súas idades.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quixo acompañar aos participantes no seu último día de clase e comprobar de primeira man o desenvolvemento desta actividade. Durante a visita, a rexedora destacou o bo ambiente das sesións e o interese dos nenos e nenas: “Foi moi bonito velos tan concentrados, participando e desfrutando dunha actividade que, ademais de entretelos durante o verán, lles permite achegarse a un idioma tan importante como o inglés”.

Desde o Concello salientan que Cervo Concilia nace precisamente coa finalidade de facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares, ofrecendo ao mesmo tempo propostas educativas, culturais, deportivas e de lecer para os máis pequenos.

Neste sentido, García Caramés agradeceu especialmente o traballo das profesoras Laura e Carmela, responsables de acompañar aos nenos e nenas durante estas semanas: “Queremos agradecerlles a Laura e Carmela a súa implicación, dedicación e cariño. A súa maneira de traballar fixo que os nenos e nenas se achegasen ao inglés dun xeito ameno e motivador”.

O Concello fai unha valoración moi positiva desta experiencia e aposta por seguir incorporando novas propostas ao programa Cervo Concilia, buscando que cada verán as familias dispoñan de alternativas que permitan compatibilizar a vida familiar e laboral, ao tempo que os nenos e nenas desfrutan, aprenden e comparten experiencias durante as vacacións.