Visor de contido web Visor de contido web

Presentación Fontes Presentación Fontes

Unha fonte ou pilón é un surtidor de auga, que como elemento arquitectónico, adoita estar situado nun espazo urbano con fins utilitarios, de confort ambiental ou decorativos. Así, as fontes atópanse en patios, xardíns, prazas, ou en lugares singulares dun pobo, embelecéndoos e resaltando a súa importancia.

Orixinariamente provén do uso do pilón (caída de auga). As fontes, nun comezo, atopábanse nas prazas ou lugares céntricos dos pobos para abastecer de agua aos habitantes e calmar a sede dos seus animais.

Adoitaban ser lugares de encontro que propiciaban as relacións sociais da comunidade.

Pero unha fonte é un lugar onde brota a auga dunha forma controlada, é decir, a través dun espazo ou dunha arquitectura apropiada. A diferenza do manancial, que é un lugar onde a auga emana directamente e de forma natural, a fonte implica unha canalización e desprazamento do agua, de dominio, control e aproveitamento.

 


As fontes sobre mananciais fan referencia ás arquitecturas colocadas directamente sobre un manancial, sen que exista canalización nin desprazamento das augas.

Estas obras adoitan ser sinxelas, valorables sobre todo por ser de carácter práctico. Os engadidos son funcionais: accesos, canos e poietes para facilitar a toma da auga, e pías necesarias como bebedoiros para o gando.

Nalgunhas ocasións a auga sobrante é recollida nun lavadoiro, nunha pía que funciona como bebedoiro de animais ou ben para regar algúns campos próximos.

Ao longo da xeografía de Cervo pódense ver este tipo de fontes en todas as parroquias:         

                                      

Parroquia de Rúa                                                   

  • Fonte do Vieiro 
  • Fonte do Cal 
  • Fonte da Fontiña 
  • Fonte do Árbol 
  • Fonte da Lama 
  • Fonte das Cabanas 
  • Fonte do Machuco 

Parroquia de Castelo

  • Fonte do Motín 
  • Fonte da Iglesia 
  • Fonte Xan Ramos 
  • Fonte das Donas 
  • Fonte da Capilla 
  • Fonte de Trasbar 
  • Fonte da Cabanela 
  • Fonte de Santa Eufemia 

Parroquia de Cervo

  • Fonte da Fera
  • Fonte da Pumarega
  • Fonte e lavadoiro  da Regueira
  • Fonte e lavadoiro de Súas Barras
  • Fonte de Cuíña
  • Fonte e lavadoiro de Piagos
  • Fonte das Casas Novas
  • Fonte e lavadoiro da Pultreira
  • Fonte de Pinguela
  • Fonte de Viladesuso
  • Fonte de San Roque
  • Fonte do Souto Chao
  • Fonte de Figuerido
  • Fonte de Daián
  • Fonte Corval

Parroquia de Lieiro

Parroquia de San Román

  • Fonte de Quelle
  • Fonte de Marrube
  • Fonte do Paxaro
  • Fonte de Alleira
  • Fonte de Vilaestrofe
  • Fonte da Portallada
  • Fonte do Eixo
  • Fonte de Vilar
  • Fonte de Sacido

Parroquia de Sargadelos

  • Fonte da Tella 
  • Fonte do Cimal 
  • Fonte Santa 
Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa