temas temas
Cervo é sinónimo de cultura. Este concello dispón dunha ampla oferta cultural. Música, museos, festas, exposicións, teatro...farán da súa estancia un verdadeiro pracer. Cervo conta co Museo do Mar máis antigo da comunidade. As dúas bibliotecas do municipio achegan a cultura a traves das páxinas, e non podemos esquecernos das múltiples salas de exposicións que o Concello pon a disposición dos artistas.

Cervo móvese. A aposta polo Deporte déixase notar nas múltiples actividades que se ofrecen ao longo do ano, dende as incluídas nas Escolas Deportivas Municipais ou os cursos da piscina olímpica ata a programación de diferentes eventos e competicións deportivas puntuais ou periódicas. Unhas instalacións deportivas de luxo completan as posibilidades dos usuarios á hora de practicar exercicio físico.

A Educación é un piar básico da sociedade. No municipio de Cervo dispoñemos dun Punto de Atención á Infancia (para nenos de ata 3 anos), dous centros de educación infantil e primaria así como un instituto de Educación Secundaria, Bacharelato e FP. O Concello colabora con todos eles, tanto no mantemento das instalacións como coa concesión de bolsas. Tamén ofrece subvencións ás familias para sufragar determinados gastos derivados da educación dos seus fillos.

O fomento do emprego é unha prioridade no Concello de Cervo. Por iso, ofrecemos diversos servizos, dende a posta en marcha dunha oficina de orientación laboral, ata a programación de cursos de formación e obradoiros de emprego, en ambos casos coa colaboración doutras administración. Como proxecto estrela destacan as bolsas de formación para a nosa mocidade formada, a través das cales a xuventude con títulos de FP ou universitarios pode facer prácticas no consistorio ou en empresas. Unha primeira oportunidade para arrincar na súa carreira profesional.

O control da Facenda local é unha tarefa básica para o correcto funcionamento do Concello. O departamento de Intervención é o encargado de elaborar os orzamentos, un documento que marca os ingresos e os gastos que terá a administración local ao longo do exercicio e que serve de folla de ruta para a xestión diaria. Tamén se encarga doutros documentos, como as ordenanzas ou as taxas fiscais, necesarias para unha correcta prestación dos servizos.

O coidado do noso medio natural é fundamental para garantir un futuro sostible. Con ese obxectivo, o Concello de Cervo ofrece múltiples servizos e pon en marcha diversas medidas e campañas. Tarefas cotiás básicas como a recollida do lixo compleméntanse con campañas de concienciación sobre a separación de residuos e a reciclaxe. O Concello tamén fomenta a práctica da compostaxe doméstica, a recuperación dunha masa forestal autóctona en terreos públicos ou a correcta distribución e xestión de residuos voluminosos ou contaminantes no Punto Limpo.

O aproveitamento dos recursos do mar é unha forma de vida no municipio, especialmente na vila mariñeira de San Ciprián. A historia do porto pesqueiro e da confraría de pescadores así o din. Por suposto, o día a día deste núcleo está ligado directamente ao mar. Non en van, San Ciprián é unha península que mira ás augas do Cantábrico.

Os Servizos Sociais enmárcanse dentro da política global do Benestar Social como un dos seus instrumentos máis eficaces para garantir a atención das necesidades da poboación e previr as desigualdades entre cidadáns. A través dos Servizos Sociais Municipais, favorecemos a autonomía, a participación e o pleno e libre desenvolvemento das persoas e grupos dentro da sociedade.

O atractivo turístico do municipio baséase nunha configuración territorial privilexiada, onde se mestura o rural e o urbano, e o litoral e o interior cunha predominante riqueza paisaxística, patrimonial e histórica. A súa situación, no corazón da Mariña, é un motivo máis para visitar as súas praias, tanto as integradas no casco urbano como as máis afastadas, todas elas tranquilas e de augas cristalinas. Sen esquecer o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos ou o mesmo núcleo de Cervo, que posúe o grande encanto dos pequenos lugares e unha fermosa arquitectura civil tradicional. As súas festas son citas obrigadas, especialmente as de Interese Turístico Galego. Entra neste apartado e viaxa con nós polos recunchos de Cervo.

Nesta área municipal agrúpanse diversas iniciativas dirixidas fundamentalmente á xuventude do Concello, conformando unha ampla oferta de servizos, programas, actividades, recursos e equipamientos. Destacan os servizos de información e asesoramento xeral prestados á mocidade cervense a través da Oficina de Información Xuvenil.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa