... ...


Porto Pesqueiro de San Ciprián
Durante séculos, San Ciprián mantivo unha grande actividade no seu porto e fondeadoiro, posiblemente dende os principios da humanidade, posto que sabemos que este lugar estivo habitado na prehistoria por asentamentos que, xa daquela, consumían produtos do mar. Antigamente o chamado porto era en realidade un abrigado fondeadoiro para buques de mediado porte formado polo illote Anxuela e a península de San Ciprián. A partir dos anos 30 comezan as obras portuarias, rematando a construción do peirao nos anos 40. Este apartado  pode axudarte a coñecer algo máis do noso porto pesqueiro.

Confradía de Pescadores de San Ciprián
As confrarías de pescadores son institucións cunha profunda tradición histórica en Galicia, ata o punto de que os primeiros antecedentes que se coñecen se remontan ao século XIII. Estas entidades pasaron dende entón por diferentes vicisitudes que as fixeron evolucionar ao longo do tempo para adaptarse ás necesidades tanto económicas coma laborais que ían xurdindo no país; desta forma perderon o marcado carácter relixioso que as caracterizara na súa etapa inicial para converterse, primeiro, en organizacións laborais e de asistencia mutua, logo en pósitos de pescadores para, en época máis recente e recuperando a súa antiga denominación, pasar a ser corporacións de dereito público. Nesta sección poderás consultar o máis salientable da historia e da actualidade da Confraría de San Ciprián.

Actualidade
Aquí podes atopar os datos actuais da Confraría de Pescadores: Patrón Maior, afiliados ou embarcacións con porto base en San Ciprián.

Historia
Coñece a historia da Confradía de Pescadores de San Ciprián: a súa fundación, a primeira executiva, os seus presidentes e secretarios, os logros acadados e a súa importancia para o pobo de San Ciprian e as súas xentes.

Lonxa de San Ciprián
A lonxa é un edificio ou lugar de reunión dos comerciantes, onde se realizan transaccións comerciais entre produtores, distribuidores maioristas e comerciantes. Nas lonxas é habitual o intercambio por poxa holandesa (tamén coñecida como poxa alemana), na que se parte dun prezo elevado e vaise reducindo ata que algún comprador para a poxa. Na actualidade a lonxa de San Ciprián está xestionada pola sociedade Porto de San Ciprián, e especializouse na venda de marisco.

Táboas
Nas táboas deste bloque pódense consultar diferentes datos e terminoloxías relacionadas co mundo mariño, as súas comunicacións e meteoroloxía.

Mareas
A marea é o cambio periódico do nivel do mar, producido principalmente polas forzas que exercen a lúa e o sol. Outros fenómenos poden producir variacións do nivel do mar. Un dos máis importantes é a variación da presión atmosférica. Outros fenómenos ocasionais, como os ventos, as chuvias, o desborde de ríos e os tsunamis provocan variacións do nivel do mar, pero non poden ser considerados mareas. As mareas poden ser: marea alta ou pleamar, momento no que a auga do mar alcanza a súa máxima altura dentro do ciclo das mareas; ou marea baixa ou baixamar, que é o momento oposto, no que o mar alcanza a súa menor altura. O tempo aproximado entre a pleamar e a baixamar é de 6 horas. Se vas saír a navegar ou a pescar consulta as táboas de mareas que poñemos a túa disposición

Douglas
Podemos describir as ondas como as ondulacións que se producen sobre a superficie do mar, causadas pola acción do vento sobre a devandita superficie, aínda que tamén participan outros factores como: a presión atmosférica, o fondo (perfil e profundidade), a salinidade e a tempreatura da auga. Para medir o estado do mar baseado na altura da ondada emprégase a Escala Douglas. Coñécea na táboa que presentamos nesta sección.

Rosa dos ventos
As orientacións fundamentais da rosa dos ventos son catro: Norte, Sur, Leste e Oeste, e a partir destes o horizonte queda dividido en catro partes de 90º cada unha. A rosa dos ventos é un dos elementos cartográficos máis coñecidos. Nos antigos mapas empregábase para sinalar os puntos cardinais e as dirección dos ventos. Consta de 32 puntos, que resultan das combinacións posibles entre os catro puntos cardinais

Táboas informativas sobre comunicación marítimas
Poderás ver a linguaxe que se emprega nas comunicacións marítimas nas seguintes táboas de datos: procedemento radiofónica, alfabeto fonético e pronunciación das cifras

Ligazóns
Todos os enlaces que poden resultar de interese para as persoas relacionadas co sector pesqueiro ou marítimo, así como para todas aquelas persoas que gozan da pesca e da navegación deportiva e de recreo.

Novas
Entra aquí e coñece a actualidade da pesca e marisqueo do noso concello, consulta as actividades, eventos, novas, programacións e ofertas de pesca e marisqueo deseñadas para vós.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa