
O papel e cartón depositado no colector de cor azul segue este percorrido:
a) Selección no fogar e correcto depósito no colector azul.
b) Recollida diferenciada polos servizos municipais (no noso concello encárgase de dita tarefa a empresa INVARE S.L)
c) Unha vez feita a recollida, INVARE S.L encárgase de clasificar o papel e cartón segundo a súa tipoloxía e o seu estado, e de transportalos aos centros de SAICA NATUR, S.L, ben sexa a Madrid ou a Valladolid.
d) Unha vez reciclado, reincorpórase ao circuíto comercial como novos produtos.