Medio Ambiente
« Atrás

A QUINTA ETAPA DO PROGRAMA "CERVO NO CAMIÑO" CONGREGOU A MEDIO CENTO DE PERSOAS

A etapa transcorreu entre as localidades de Palas de Rei e Fraga Alta, pasando por Arzúa

O programa está conformado por un total de 9 etapas; a seguinte terá lugar o domingo 13 de outubro, entre Fraga Alta e A Brea

A quinta etapa do programa “Cervo no Camiño”, que transcorreu entre as localidades de Palas de Rei e Fraga Alta, congregou este domingo a medio cento de persoas.

Esta é unha iniciativa promovida polo Concello de Cervo, conxuntamente coas distintas asociacións do municipio, concibida co fin de impulsar e poñer en valor o Camiño de Santiago e, en concreto, o tramo que discorre polo termo municipal e que forma parte do Camiño do Mar.

Este programa conta con nove rutas, unha inicial que transcorreu polo propio Concello, e outras oito que fan o percorrido do Camiño Francés dende O Cebreiro ata Santiago de Compostela.

A seguinte etapa terá lugar o vindeiro domingo, 13 de outubro, entre Fraga Alta e A Brea.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa