Medio Ambiente
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO SUBSTITÚE EUCALIPTOS POR ÁRBORES DO PAÍS NA PARCELA MUNICIPAL DO POLÍGONO DE CUÍÑA

Estes días estanse a realizar traballos de roza e limpeza nesta leira na que se acharon recentemente petróglifos

  • O obxectivo desta actuación pasa por garantir a convivencia destes gravados coa xeración dun bosque autóctono
  • Villares subliñou que “materializar o proxecto de reforestación integral que temos en marcha desde fai máis de 10 anos require dunha importante cantidade de recursos, medio humanos e materiais”, en relación ás tarefas de mantemento que se desenvolven regularmente para poder ter os terreos en condicións óptimas

 

O Concello de Cervo traballa na posta en valor dunha parcela municipal, de 6 hectáreas, ubicada no Polígono de Cuíña, na que se acharon recentemente petróglifos.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, estiveron supervisando os traballos de roza e limpeza que están a desenvolver os operarios municipais estes días nesta leira na que, tras retirar os eucaliptos que foron brotando, se van plantar árbores autóctonas, como castiñeiros, carballos e outras frondosas.

O rexedor fixo fincapé nos recursos que se destinan ao mantemento destas parcelas municipais para que estean en óptimas condicións “desde fai máis de dez anos temos en marcha un proxecto ambicioso de reforestación integral das leiras que son propiedade municipal con especies autóctonas, e para poder materializalo temos que destinar unha importante cantidade de medios humanos e materiais; pero o obxectivo paga moito a pena”.

Villares precisou que “a recuperación dos bosques típicos galegos é beneficioso a todos os niveis, tanto pola súa compoñente turística, como produtiva; xa que estas fincas poden ser a medio prazo un importante recurso para reforzar as economías familiares”.

Pola súa banda, a edil de Medio Ambiente recordou o obxectivo desta política de reforestación pasa por “preservar e potenciar todo o patrimonio natural que identifica ao noso municipio”, a día de hoxe –apuntou “plantamos máis de 8.000 árbores autóctonas en máis de 20 hectáreas de terreo municipal, que outorgan un valor engadido aos nosos montes”.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa