Medio Ambiente
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ESTABLECE UN PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA ELIMINAR A PLANTA INVASORA DA HERBA DA PAMPA

É unha especie provinte de América do Sur con follas afiadas, longas e cortantes, que produce o desprazamento das especies autóctonas e que incluso pode provocar lesións nos animais herbívoros á hora de alimentarse  

§  A actuación iniciouse hoxe no lugar da Senra que ten unha superficie afectada duns 2000

 

O Concello de Cervo vén de establecer un protocolo de actuación con fin de erradicar a planta invasora da herba da pampa (Cortaderia Selloana) presente en varias zonas do municipio.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, desprazáronse este mediodía ata o lugar da Senra, onde, acompañados de varios veciños da zona, supervisaron os traballos de  extracción que comezaron no día de hoxe nunha superficie afectada duns 2000 m².

O rexedor explicou que o que pretendemos é eliminar esta especie de todo o noso termo municipal que se está a extender con moita rapidez e que “provoca o desprazamento das especies autóctonas, debido ás grandes masas forestais que pode xerar, que chegan a asfixiar as plantas que están ao seu redor; e que incluso pode resultar moi nociva na alimentación dos animais herbívoros debido ás follas afiadas e cortantes que presenta”.

Esta acción enmárcase na estratexia medioambiental que ten definida o Concello de Cervo a raíz da súa inclusión na Rede de Gobernos Locais +biodiversidade da que forma parte desde finais de 2016.

Unha sección da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) encamiñada á promoción de políticas locais para o uso sostible dos nosos recursos naturais, á preservación do patrimonio natural e ao fomento do desenvolvemento rural, baixo criterios de sostenibilidade.

Protocolo de actuación

A extracción da herba da pampa será manual nas plantas pequenas; e nas de maior tamaño a eliminación farase con maquinaria, illando os xenofitos para evitar a proliferación por semente. Tamén se aplicará un tratamento sobre o lugar do rebrote; que, sumado ás tarefas de roza, permitiría acadar unha eficacia do 90% na súa eliminación.

Antecedentes

É unha planta gramínea que forma matas de gran tamaño con moitas follas e canas reprodutivas. As súas follas son afiadas, longas e cortantes.

Esta planta, orixinaria de América do Sur, chegou a España a mediados do século XX, en torno aos anos 40; cando durante a posguerra e debido á escasez de alimentos, comezaron a importarse cereais de Arxentina. Axiña comezou a expandirse por todo o Cantábrico. Nos últimos anos observouse que esta planta está adaptándose moito mellor ao frío, polo que ademais de poboar as zonas costeiras está comezando a extenderse polas zonas do interior de Galicia.

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa