Medio Ambiente
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO É O PRIMEIRO MUNICIPIO GALEGO QUE SE INCORPORA Á REDE DE PATRIMONIO NATURAL E ARQUITECTÓNICO CONSTRUROCK

A inclusión no programa está enmarcada no protocolo de colaboración asinado este mediodía  polo rexedor, Alfonso Villares, e o Director do Instituto Geológico y Minero de España, Francisco González, co obxectivo de promover a realización conxunta de actuacións científico-técnicas en diversas materias

 

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o Director do Instituto Geológico y Minero de España, Francisco González Lodeiro, asinaron este mediodía no consistorio, un protocolo de colaboración “co obxectivo de promover a realización conxunta de actuacións científico-técnicas en materia de xeología, pedra natural e do patrimonio arquitectónico que atesoura o noso municipio”, precisou Villares.

No acto, concibido para formalizar a relación existente entre ámbalas dúas institucións, tamén estiveron presentes a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, o Director do Departamento de Infraestructura Geocientífica y Servicios, José Manuel Baltuille, e o investigador do Instituto Geolóxico y Minero de España, Jorge Fernández, que fora o encargado de guiar os dous roteiros que organizou en meses pasados a delegación de Turismo polas canteiras históricas da Ribeira de Lieiro; un itinerario de pouco máis de 2 quilómetros que parte das Antigas Fábricas de Salgadura ata a Praia da Limosa, no que se poden ver vestixios do traballo dos canteiros ao longo dos séculos en forma de frontes, bancos de traballo, trincheiras, cuñas e barreños, para extraer os sillares e mampostos cos que logo se construíron as edificacións tradicionais da vila.

No percorrido instaláronse diferentes fitos que nos permiten afondar no pasado canteiro de San Ciprián; de onde se exportaron as laxas que se empregaron, por exemplo, para o empedrado da Praza Maior de Oviedo.

Villares precisou que desde o Concello estamos a facer unha aposta decidida pola divulgación e a posta en valor de todo o noso patrimonio natural e arquitectónico, “porque cremos que é fundamental traballar pola súa preservación e dalo a coñecer a toda a veciñanza pola importancia que ten na nosa historia”.

O rexedor apuntou que este é o punto de partida dunha relación de colaboración fluída e estable no tempo co fin de programar diversas actividades para divulgar esa parte tan importante do noso pasado.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa