Medio Ambiente
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ENTREGOU COMPOSTEIROS DE BALDE AOS VECIÑOS QUE O SOLICITARON

Trátase dunha campaña que a concellería de Medio Ambiente vén desenvolvendo periodicamente desde o ano 2010 e xa son case 200 as familias adscritas

O Concello de Cervo vén de entregar unha decena de composteiros aos veciños que así o solicitaron.

Ao acto, que tivo lugar esta tarde no salón de actos do Concello, asistiron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez e o concelleiro de Medio Rural, Plácido Pérez.

Trátase dunha campaña de compostaxe doméstico que a concellería de Medio Ambiente vén desenvolvendo periodicamente dende o ano 2010, e, a día de hoxe, xa son preto de 200 (188 concretamente) as familias que contan con este recipiente nos seus fogares.

Villares precisou que con esta campaña o que pretendemos é fomentar a autoxestión dos residuos orgánicos, co que conseguimos un compost ou fertilizante natural de alta calidade para a nosa terra e as nosas plantas, ao tempo que reducimos a xeración de lixo que iría ao contenedor convencional, contribuíndo así coa protección do medio ambiente”.

Dende o Concello –engadiu- pretendemos cubrir todo o proceso deste programa que vai dende “a entrega gratuíta dos composteiros, a formación e apoio aos usuarios na posta en marcha, así como o posterior asesoramento e seguemento da utilización do recipiente, co fin de que a experiencia sexa gratificante en tódolos aspectos”.

Pola súa banda, Mali Méndez, incidiu nas multiples vantaxes da compostaxe doméstica “coa que contribuímos a reducir o volume global dos residuos, minimizamos o excesivo uso de fertilizantes químicos, reducimos a frecuencia de recollida dos contenedores xenéricos por parte dos servizos municipais e, consecuentemente, o custo económico que supón para as arcas municipais a súa axeitada xestión e tratamento”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa