Medio Ambiente
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CONVIDA Á TODA A VECIÑANZA E VISITANTES A PARTICIPAR NA FESTA DA ESFOLLADA DO MAÍZ QUE SE CELEBRARÁ O SÁBADO, 27 DE OUTUBRO, EN RÚA

A cita, organizada pola Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, comezará ás 16:00 horas na Antiga Escola coa esfollada do millo, e xa pola noite haberá cea a base de empanada da casa e callos acompañados de pan feito coa fariña da malla de Rúa, bebida e sobremesa; a continuación haberá verbena a cargo do Grupo Montreal e do Dúo Zafiro

  • O prezo da cea será de 6 euros para os socios e de 10 euros para os non socios

A parroquia de Rúa acollerá o vindeiro sábado, 27 de outubro, a Festa da Esfollada do Maíz.

A cita, foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por varios membros da Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, organizadores do evento, coa colaboración do Concello.

A Festa, que terá lugar na Antiga Escola de Rúa, arrincará ás 16:00 horas coa esfollada do millo.

A partir das 20:00 horas está programada unha cea a base de empanada e pan da casa elaborados con fariña de trigo da Malla de Rúa, callos, sobremesa e viño ou auga; por un prezo de 6 euros para os socios e de 10 euros para os non socios.

Xa ás 22:00 horas dará comezo a Gran Verbena a cargo do Grupo Montreal e do Dúo Zafiro.

O Concello de Cervo convida á veciñanza e aos visitantes a desfrutar desta festa tradicional o vindeiro sábado na parroquia de Rúa.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa