Medio Ambiente
« Atrás

VILLARES: "O BENESTAR ANIMAL É UN TEMA CO QUE ESTE EQUIPO DE GOBERNO ESTÁ SENSIBILIZADO, POR ISO NOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS RESERVAMOS CADA ANO UNHA CONTÍA IMPORTANTE PARA CONTRIBUÍR A GARANTIR A SÚA PROTECCIÓN"

O Concello de Cervo colabora coa Asociación Coletiñas cunha axuda económica directa “que duplicamos desde a súa fundación porque consideramos que fan un labor altruísta fundamental  en defensa do dereito animal”

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, mantiveron unha reunión de traballo con Irene Díaz, Xela Bernardo e Samantha Sandomingo, da Asociación Protectora de Animais Coletiñas, na que afondaron no traballo feito nestes últimos meses e valoraron as necesidades de cara ao futuro próximo, acordando finalmente incrementar a axuda directa para o vindeiro exercicio.

Villares precisou “que o benestar animal é un tema que preocupa e co que este equipo de Goberno está sensibilizado; por iso nos orzamentos municipais reservamos cada ano unha contía importante para contribuír a garantir a súa protección”.

Así precisou que no 2017 “establecimos unha subvención para directa para Coletiñas de 3000 euros, que incrementamos a 5000 neste último exercicio; e que xa decidimos que será de 7.000 euros no vindeiro ano 2019, tal e como recolleremos nos orzamentos sobre os que estamos xa a traballar”.

O rexedor apuntou que “vimos colaborando con esta protectora desde a súa fundación cunha axuda económica directa anual “que en tres anos imos incrementar en máis do dobre porque consideramos que desde Coletiñas fan un labor altruísta fundamental para a comunidade en defensa do dereito animal”.

Villares e Méndez felicitaron á asociación pola gran tarefa que desempeñan tanto na atención directa e coidado dos animais, como á hora de divulgar esa mensaxe de concienciación e responsabilidade entre a cidadanía.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa