Medio Ambiente
« Atrás

VILLLARES: "UN OBXECTIVO PRIORITARIO DESTE EQUIPO DE GOBERNO É A POSTA EN VALOR O CASTRO DA ATALAIA, PARA O QUE VIMOS DE ELABORAR UN PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN QUE XA ESTÁ EN EXPOSICIÓN PÚBLICA"

No documento delimítase toda a zona afectada polo xacemento (20.000 m2) regúlase a execución das actuacións de recuperación, rehabilitación ou mellora da superficie a preservar; e fíxanse as normas xerais de urbanización e infraestruturas neste ámbito protexido, entre outros aspectos

Trátase dun proxecto ambicioso, de envergadura, e con certas dificultades engadidas pero “xa puxemos toda a maquinaria en marcha para buscar esa fórmula que permita que todas as parcelas incluídas no Plan, e que non son públicas, pasen a selo” - En referencia, a aquela na que está ubicado o esqueleto, a outra na que foi construída unha vivenda unifamiliar deshabitada, e a dous solares máis sen edificar -

 

O Concello de Cervo vén de elaborar un Plan Especial de Protección do xacemento da Atalaia, inventariado por Patrimonio no ano 2007 e ubicado en San Ciprián.

O borrador xa está en exposición pública na páxina web da Consellería de Medio Ambiente desde o 24 de xullo e permanecerá nesta plataforma ata o 24 deste mesmo mes, para posteriormente ser sometido á aprobación incial no pleno, requisito imprescindible para que entre en vigor “este documento necesario no que se delimita toda a zona afectada polo xacemento, 20.000 m2; regúlase a execución das actuacións de recuperación, rehabilitación ou mellora da superfie a preservar; e fíxanse as normas xerais de urbanización e infraestruturas neste ámbito protexido; entre outos aspectos”, precisou o rexedor, Alfonso Villares, quen visitou hoxe a zona da Atalaia, acompañado polo edil de Patrimonio, Alfredo Fernández e pola concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez.

Tal e como apuntou Villares, “a posta en valor do Castro da Atalaia é un obxectivo prioritario deste equipo de goberno; e con este plan damos un paso moi importante e necesario que nos permitirá seguir a traballar pola conservación do noso patrimonio”.

O rexedor precisou que se trata dun proxecto ambicioso, de envegadura; e que nos presenta certas dificultades engadidas “pero xa puxemos toda a maquinaria municipal en marcha para buscar esa fórmula que nos permita que todas as parcelas que se inclúen nese plan e que non son públicas, pasen a selo”. En referencia, a aquela na que está ubicado o esqueleto, a outra na que foi construída unha vivenda unifamiliar deshabitada, e a dous solares máis sen edificar.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa