Medio Ambiente
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO VÉN DE REFORZAR O EQUIPAMENTO DAS DELEGACIÓNS DE MEDIO AMBIENTE E MEDIO RURAL COA ADQUISICIÓN DUN NOVO TRACTOR

A máquina, con rozadora de brazo integrada, supuxo un investimento de algo máis de 72.000 euros

  • Villares apuntou que esta nova ferramenta de traballo permitiranos gañar en eficiencia e produtividade para ampliar ao máximo o radio de acción e dar cobertura así ás necesidades dun municipio moi extenso e cunha superficie forestal abundante e moi dispersa 

O Concello de Cervo vén de reforzar o equipamento das delegacións de Medio Ambiente e Medio Rural coa adquisición dun novo tractor, con rozadora de brazo integrada, que supuxo dun investimento de 72.522 euros; o 30% deles procedentes do Fondo de Compensación Ambiental  da Consellería de Vicepresidencia da Xunta de Galicia, e os restantes asumidos con fondos propios.

O alcalde, Alfonso Villares, e o edil de Medio Rural, Plácido Pérez, estiveron vendo in situ a nova ferramenta de traballo xa en activo no Polígono de Cuíña “que nos permitirá gañar en eficiencia e produtividade para ampliar o noso radio de acción, dando así cobertura ás necesidades dun municipio moi rural e extenso, e cunha superficie forestal abundante e moi dispersa” apuntou Villares.

O novo tractor, que vén sumarse a outro vehículo destas características co que xa contaba o Concello de Cervo, será destinado fundamentalmente a labores de protección do medio ambiente e do espazo natural, e de recuperación e rexeneración de zonas verdes.

Pola súa banda, Pérez apuntou que “debido, en moitos casos, ao abandono da actividade tradicional, moitos camiños de uso público posúen abundante vexetación e neles cómpre facer labores de roza tamén, para poder manter os accesos ás fincas e aos núcleos o máis acondicionados posible”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa