Medio Ambiente
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CONVOCA O X CONCURSO FOTOGRÁFICO DE MEDIO AMBIENTE "CERVO RESPECTA"

As persoas participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, relacionadas co medio ambiente, inéditas e orixinais, tomadas en calquera lugar de Galicia

O prazo para presentar os traballos, no correo medioambiente@concellodecervo.com, está aberto ata o 29 de maio incluído

Establécese o premio Top Cervo, á mellor instantánea dalgunha paraxe do Concello

  •  
  • O Concello de Cervo vén de convocar o X concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2020”.

 

Tal e como explica a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, “os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia, terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio”.

Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 px. sen limitación de tamaño en MB; a través do correo medioambiente@concellodecervo.com.

O prazo para presentar as imaxes remata o 29 de maio ás 23:59 horas.

Hai tres premios establecidos. Un primeiro, un segundo, e o premio “Top Cervo” á mellor fotografía na que se identifique claramente unha paraxe deste Concello; dotados todos eles con figuras de Cerámica de Sargadelos.

O fallo do xurado, composto por tres membros competentes na materia que votarán de xeito telemático, farase público o 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente.

Méndez anima a todos os amantes da fotografía e da natureza a que participen e nos fagan chegar as súas instantáneas, co fin de concienciar no respecto ambiental; ao tempo que nos permiten coñecer o seu traballo, de gran calidade sempre, e descubrir lugares e momentos únicos desde a súa óptica.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa