Medio Ambiente
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO DESINFECTA EXHAUSTIVAMENTE A DIARIO AS INMEDIACIÓNS DO CENTRO DE DÍA RESIDENCIA COMO MEDIDA PREVENTIVA

No día de hoxe, as delegacións de Protección Civil e de Servizos Sociais, a través do servizo de emerxencias municipal, entregáronlle ao persoal do centro 200 calzas que se suman ás máscaras e ás pantallas protectoras que se distribuíron días atrás

Ademais, tamén se levaron a cabo diferentes charlas sobre os protocolos de seguridade que deben seguir estritamente os/as traballadores/as, para evitar que o virus poida entrar do exterior

 

O Concello de Cervo, a través da delegación de Protección Civil que dirixe Alfredo Fernández, desenvolve tarefas diarias de desinfección exhaustiva dos accesos, das inmediacións e dos colectores do Centro de Día Residencia como medida preventiva.

Estes protocolos – a base dunha solución de hipoclorito- veñen levándose a cabo cada día desde o pasado 13 marzo, sabedores da vulnerabilidade que presentan os nosos maiores ante o coronavirus.

Así mesmo, a delegación de Servizos Sociais que encabeza Pilar Armada, a través do servizo de emerxencias municipais, entroulles no día de hoxe 200 calzas ao persoal do centro; que se suman ás máscaras e ás pantallas protectoras que se distribuíron días atrás.

Ademais tamén se impartiron diferentes charlas sobre os protocolos de seguridade que deben seguir estritamente os/as traballadores/as para evitar que o virus poida entrar do exterior.

Desde o Concello apuntan que tamén se deseñou un protocolo de desinfección interior no caso de que se detectase algún positivo, que afortunadamente ata o momento non houbo que aplicar.

Os traballos de desinfección lévanse a cabo tamén na unidade residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, nos centros de saúde e nos diferentes espazos públicos do municipio.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa