
O departamento da Área Económica do Concello de Cervo, xestiona as áreas de Intervención e Tesourería municipais. Dende a área de Intervención, fiscalízase a xestión económica, financeira e presupostaria municipal e a Xestión Tributaria. E dende a área de Tesourería contrólanse e xestiónanse os fondos municipais e a Recadación municipal.
Ademais, o departamento conta cun punto de atención ao público onde se efectúa o rexistro xeral de todas as facturas e se atende aos provedores e administrados persoal e telefonicamente. Tamén se levan a cabo presentación de avais, devolución de fianzas e pagos mediante cheques entre outras xestións.