Emprego
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ANTICIPARÁ MAÑÁ O PECHE DOS SERVIZOS MUNICIPAIS PARA FAVORECER A ASISTENCIA DOS TRABALLADORES Á CONCENTRACIÓN CONVOCADA POLO COMITÉ DE EMPRESA DE ALCOA EN BURELA

A nova protesta está prevista para este xoves, ás 20:30 horas, na Praza do Concello da vila veciña

  • Villares “estamos ante un momento crítico para A Mariña, polo que temos que remar todos na mesma dirección, man a man, para esixirlle ao Goberno central ese marco enerxético estable e competitivo que precisamos con suma urxencia para garantir o emprego e un futuro para esta comarca”

O Concello de Cervo anticipará no día de mañá o peche dos servizos municipais para favorecer así a asistencia dos traballadores á nova concentración convocada polo comité de empresa de Alcoa, que terá lugar este xoves, 24 de outubro, ás 20:30 horas, na Praza do Concello da vila veciña.

Así o explicou hoxe o rexedor, Alfonso Villares, poñendo a énfase no “momento crítico que estamos a atravesar na Mariña” polo que é fundamental que todos “rememos nunha mesa dirección, man a man, para esixirlle ao Goberno central ese marco enerxético estable e competitivo que precisamos con suma urxencia” que garanta o emprego e o futuro desta comarca, que a día de hoxe, corre un serio risco.

Entre os servizos que se verán afectados está o da piscina municipal que pechará ás 20:00 horas, ou as Escolas Deportivas Municipais, nas que non se impartirá ningunha actividade a partir desa mesma hora.

Villares insistiu na importancia que ten esta nova concentración para visibilizar a nosa situación “polo que é fundamental que a veciñanza da Mariña acuda en masa á Praza do Concello de Burela para seguir a reivindicar o noso”, sentenciou.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa