
No que respecta á implantación das políticas activas de emprego neste concello podemos dividilas en tres grupos:
1.- Sistemas de intermediación no mercado de traballo: Neste Concello ofrécese o servizo da Bolsa de Emprego, na que se poden inscribir os demandantes de emprego do municipio, prestándolles un servizo de orientación e información das posibilidades que teñen para atopar traballo, analizando e desenvolvendo as habilidades e recursos dispoñibles para cada usuario/a que lle permitan superar as barreiras que dificultan a inserción laboral e creando o seu itinerario profesional con accións formativas concretas.
2.- Formación ocupacional: Periodicamente prográmanse cursos de formación ocupacional para axeitar a formación dos desempregados coa demanda de formación das empresas instaladas no noso municipio e comarca.
3.- Creación de emprego: dende o Concello estase a fomentar o autoemprego. No caso de empresas e pemes que queiran iniciar unha actividade no polígono de Cuíña, existen bonificacións no ICIO, (Ordenanza número 22, páxina 29), o Imposto de Construcións, Instalacións e Obras, que poden ascender ata o 95% de redución. .
En canto ás políticas de incentivos á contratación por conta allea, estase a traballar con distintos empresarios para fomentar a contratación indefinida a través dos distintos incentivos que a Consellería de Traballo e Benestar mantén activos nesta comunidade, así como a contratación das mulleres, que son o colectivo de desempregados do Concello de Cervo cunha maior dificultade de inserción laboral, e achegando facilidades para a conciliación laboral e familiar.
Polo que respecta ao estímulo da cultura emprendedora, dende o Concello de Cervo vense potenciando entre os desempregados do Concello, dando información e apoio os emprendedores nas oficinas municipais, en concreto no departamento de Emprego, e organizando cursos e xornadas a través de Bic Galicia.