Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ULTIMA OS PREPARATIVOS PARA A CELEBRACIÓN DA III SEMANA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS Á QUE ESTÁN CONVIDADOS ESCOLARES DE TODA A MARIÑA

Trátase dunha actividade didáctica centrada nesta ocasión nos protocolos de evacuación dos centros ante unha emerxencia por lume

  • As xornadas terán lugar este xoves e venres, en horario de mañá, na Praza do Concello, en Cervo

O Concello de Cervo ultima os preparativos para a III Semana de Prevención de Incendios que terá lugar este xoves e este venres (23 e 24 de xaneiro), na Praza do Concello e no salón de actos do consistorio.

A actividade foi presentada este mediodía polo rexedor, Alfonso Villares, o edil de Protección Civil, Alfredo Fernández, a concelleira de Educación, Dolores García Caramés, e o responsable do GES de Cervo, Mario Antuña.

Tal e como apuntou Villares, “xa lles remitimos unha carta aos diferentes centros educativos da Mariña a fin de convidalos a participar neste iniciativa didáctica, centrada nesta ocasión nos protocolos de evacuación dos centros escolares ante unha emerxencia de incendio”.

Nestas xornadas  programaranse  talleres  de  primeiros  auxilios,  instalarase  a casiña  de  fume  para  explicar  aos  nenos  os protocolos a seguir ante unha alerta por lume no centro, impartiranse charlas coas recomendacións a seguir en caso de incendio, proxectaranse vídeos sobre autoprotección escolar, haberá exposicións e simulacros, entre outras actividades.

A iniciativa, que en anos anteriores reuniu a máis de 700 escolares, está promovida un ano máis en colaboración coa Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB).

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa