Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ESTREGAS AS AXUDAS ÁS ANPAS E AOS CENTROS ESCOLARES

 

O Concello de Cervo, da man do rexedor e da edil de Educación, entregou as axudas dirixidas ás ANPAS e aos centros escolares do municipio -CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz e IES Marqués de Sargadelos-.

Tal e como sinalou o alcalde, Alfonso Villares, "o fin desta liña de axudas é o de contribuír a fomentar as actividades educativas e lúdico-culturais que promoven estas entidades ao longo de todo o ano e que van dirixidas a dinamizar a comunidade escolar, e brindarlles ao tempo unha axuda económica para que poidan facer fronte aos seus gastos de funcionamento".

Villares apuntou que "reservamos unha partida orzamentaria de 7.500 euros que se vén sumar a outras axudas que temos dispostas dende o Concello dirixidas á comunidade educativa tanto para a compra de libros e material escolar como para transporte.

Saúdos.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa