Publicador personalizado
« Atrás

O ENCORO DE RIOCOBO ACOLLE O SÁBADO 1 DE XUÑO A SEGUNDA REGATA DA LIGA PROVINCIAL DE PIRAGÜISMO

A competición comezará ás 10:30 horas

  • Máis de 200 participantes daranse cita nesta proba organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo
  •  
  • O Encoro de Ríocobo acollerá o sábado, 1 de xuño, a segunda regata da novena Liga Provincial, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.

O alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, presentaron a proba, acompañados polo presidente do Club Deportivo San Ciprián, Manel Gómez e do   responsable da sección de piragüismo, Iván González.

En total estímase que serán máis de 200 deportistas os que se darán cita no Encoro de Riocobo, para competir nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín A e B, infantil A e B, cadete, xuvenil, sénior e veterano; todas elas probas mixtas, nas modalidades K1 e C1.

A competición comezará ás 10:30 horas e participarán o Club Fluvial de Lugo, o club de piragüismo Cidade de Lugo, o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz, o club de piragüismo de Viveiro, e o club local, o CD San Ciprián.

O rexedor desexoulle sorte aos representantes locais e apuntou que “desde o Concello de Cervo convidamos a todos, veciños e visitantes, a que se acheguen nesa xornada ao Encoro de Riocobo e gocen desta competición e dunha contorna de luxo como é a que acolle esta proba”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa