Publicador personalizado
« Atrás

SAN CIPRIÁN ACOLLERÁ O 1º OPEN DE TUTE O SÁBADO 18 DE MAIO

O campionato, que terá lugar na Praza dos Campos, comezará ás 16:00 horas

  • O prezo da inscrición é de 120 euros por parella, íntegros para premios e con cea incluída
  •  
  • As persoas interesadas poden anotarse no teléfono 630 75 47 76
  • A cita está organizada pola asociación de veciños “Cruz da Venta” de San Ciprián e polo Telvi´s local Place, coa colaboración do Concello de Cervo

 

A Praza dos Campos de San Ciprián acollerá o sábado 18 de maio o 1º Open de Tute Concello de Cervo, organizado pola asociación de veciños “Cruz da Venta” de San Ciprián e polo Telvi´s Local Place, coa colaboración do Concello de Cervo.

O campionato foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, por Etelvino Cordido “Telvi” e por José Luís Sariego, en representación da asociación de veciños.

O Open comezará ás 16:00 horas e ás 2:30 horas están previstas as finais e a entrega de premios.

As persoas interesadas poden anotarse no teléfono 630 75 47 76. O prezo da inscrición é de 120 euros por parella, íntegros para premios e con cea incluída. Haberá obsequios para todos os participantes, e sortearase ceas, noites de hotel e diferentes regalos e lotes de produtos.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa