Publicador personalizado
« Atrás

O PAVILLÓN DA VEIGA ACOLLERÁ O V TORNEO DE VOLEI "CONCELLO DE CERVO" ESTE SÁBADO 27 DE ABRIL

Participan o EDM Cervo, o C.V. Narón Volea e o C.V. Emevé Lugo

Xogaranse 12 partidos desde as 10:00 horas, nas categorías alevín, infantil e cadete feminino; e xuvenil masculino

 

O Pavillón da Veiga acollerá o V Torneo de Voleibol “Concello de Cervo” o vindeiro sábado 27 de abril.

A cita foi presentada no propio escenario da competición, no Pavillón da Veiga, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, a edil de Xuventude, Dolores García Caramés, e por unha representación das catro categorías de voleibol que hai no seo das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Cervo: alevín, infantil e cadete feminino; e xuvenil masculino.

Ao longo de toda a xornada xogaranse 12 partidos de xeito practicamente ininterrompido nas categorías anteriormente citadas, ata as 20:00 horas cando se prevé que sexa a entrega de trofeos e medallas.

No campionato participarán o EDM Cervo, o C.V. Narón Volea e o C.V. Emevé Lugo.

Unha das disciplinas que promoven as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Cervo é o voleibol, que a día de hoxe conta cunha trintena de rapaces e rapazas adestrando, nos catro equipos que se formaron liderados por Samuel Donker, coa colaboración de Román Mon “que contaxian á xente moza do noso municipio a súa paixón por este deporte, que gaña adeptos ano tras ano”, tal e como precisou Villares.

Desde o Concello de Cervo animan a toda á veciñanza a achegarse durante esta xornada ao Pavillón da Veiga a desfrutar dunha gran xornada de voleibol.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa