Publicador personalizado
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO REABRE O XIMNASIO DA PISCINA MUNICIPAL TRAS UNHA REFORMA INTEGRAL DAS INSTALACIÓNS

A actuación na cuberta, na estrutura e no piso supuxo un investimento de 45.000 euros, que inclúe tamén a incorporación de novas máquinas

  • Habilitouse unha sala provisional mentras se prolongaron os traballos
  • A tarifa individual –que comprende a utilización da pisicina, do ximnasio e da sauna- é de 18,12 euros ao mes para as persoas maiores de 25 anos empadroadas no municipio; e de 28,31 para os non empadroados

  • Hai prezos especiais para as familias, para os menores de 25 anos e para os pensionistas

O Concello de Cervo vén de reabrir o ximnasio da piscina municipal tras unha reforma integral das instalacións que supuxo un investimento de 45.000 euros procedentes de fondos propios.

Mentras se acometía a obra habilitouse unha sala provisional na que se instalou a maquinaria.

Tal e como explicaron Villares e Soto “fíxose unha reforma integral das instalacións actuando na cuberta, na estrutura e no piso - que se reforzou naquelas zonas nas que empregan  elementos como son as pesas-, e adquiríronse novas máquinas, que está previsto que cheguen nos próximos días”.

A Piscina de Lieiro é unha instalación única na provincia de Lugo, e as súas tarifas son moi competitivas. A cuota individual para maiores de 25 anos, empadroados no municipio, ascende a 18, 12 euros ao mes; e é de 28,31 euros para os non empadroados. Ademais, hai prezos especiais para as familias, para os menores de 25 anos e para os pensionistas.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa