Publicador personalizado
« Atrás

A PISCINA OLÍMPICA MUNICIPAL ACOLLERÁ UN BAUTISMO DE MERGULLO O SÁBADO 30 DE MARZO

A actividade está polo Concello de Cervo en colaboración coa Escola de Mergullo C.A.S. Costa Lugo

O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes e en colaboración coa Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, organiza unha nova xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica de Lieiro.

A actividade será o sábado 30 de marzo entre as 10:30 e as 13:30 horas.

A idade mínima para participar está fixada nos 16 anos.

Desde o Concello recordan “que a piscina municipal é única na provincia de Lugo polas súas características e ofrece tódalas prestacións para levar a cabo unha actividade deste tipo que permitirá aos participantes realizar unha primeira toma de contacto con este deporte acuático”

Os interesados poden anotarse na propia piscina ou chamando ao teléfono 609.42.32.10.

 

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa