Publicador personalizado
« Atrás

A PISCINA OLÍMPICA MUNICIPAL INCREMENTOU O NÚMERO DE PERSOAS USUARIAS NUN 20% ESTE CURSO

Máis de 200 cursillistas asisten ás clases que se imparten nas instalacións

  • O rexedor e o edil de Deportes confirmaron que a comezos de ano “imos levar a cabo unha reforma integral das instalacións do ximnasio -cuberta, estrutura e piso- no que investiremos uns 30.000 euros”
  •  
  • Neste ano investíronse 65.000 euros para mellorar a climatización “co que conseguimos que a piscina teña a día de hoxe as mellores condicións de temperatura e humidade da súa historia”

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, achegáronse esta mañá ata a piscina olímpica municipal onde, ademais de percorrer e supervisar o funcionamento das instalacións, compartiron un anaco cos monitores e monitoras e coas persoas usuarias do curso de Aquagym que se estaba impartindo nese intre.

O rexedor e o edil destacaron o incremento notable do 20% da matrícula neste curso no que están anotadas máis de 220 persoas que participan nas diferentes clases que se ofrecen por grupos de idade (adultos, nenos e bebés). A maiores todos os venres acoden á piscina uns 60 nenos e nenas das ANPAS dos dous colexios do municipio, que teñen a inscrición de balde “a filosofía do Concello de Cervo é promover a práctica deportiva no seu conxunto desde as idades máis temperás; e con ese obxectivo ofrecemos de balde ás ANPAS do noso municipio os diferentes cursos de natación para os pequenos e pequenas”, tal e como precisou Villares.

Villares e Soto destacaron o investimento que se fixo neste último ano nas instalacións cunha inversión de 65.000 euros, procedentes de fondos municipais, dirixida fundamentalmente a mellorar o sistema de climatización, “co que conseguimos que a piscina teña a día de hoxe as mellores condicións de temperatura e humidade da súa historia”; baixando a humidade relativa do 80 ao 60%, e logrando que a temperatura ambiente sempre estea agora por enriba da temperatura da auga.

Villares e Soto tamén anunciaron no día de hoxe que “a comezos de ano se vai levar adiante unha reforma integral das instalacións do ximnasio municipal actuando na cuberta, na estrutura e no piso, que suporá uns 30.000 euros, procedentes das arcas municipais”.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa