Publicador personalizado
« Atrás

VILLARES E SOTO MANTIVERON UNHA REUNIÓN DE TRABALLO COAS ENTIDADES DEPORTIVAS DO MUNICIPIO PARA PLANIFICAR E COORDINAR O CALENDARIO DE EVENTOS E ACTIVIDADES DOS VINDEIROS MESES

O Concello de Cervo destinou 37.000 euros do orzamento deste ano aos diferentes clubs e xa está a traballar nas partidas do vindeiro exercicio

  • Quixeron agradecerlle aos presentes “a súa entrega absoluta e altruísta coa que conseguen encher Cervo de deporte ao longo de todo o ano”

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, mantiveron un encontro de traballo cos representantes das diferentes entidades deportivas do municipio para planificar e coordinar o calendario de eventos e actividades de cara aos vindeiros meses.

Na reunión tamén se abordou o tema das axudas económicas que o Concello de Cervo destina aos clubs cada ano “este exercicio reservamos 37.000 euros do orzamento para este fin, un 10% máis que o ano anterior; e a día de hoxe, tal e como lles comunicamos aos clubs, xa estamos a traballar nas novas partidas”, apuntou o rexedor.

Villares e Soto puxeron en valor “o labor que veñen desenvolvendo estes clubs de xeito altruísta promovendo e enchendo Cervo de deporte ao longo de todo o ano, un traballo polo que debemos estarlles tremendamente agradecidos”.

As entidades deportivas son a S.D Candelaria, o Club Deportivo San Ciprián, a S.D Cervo Sargadelos, o Club de Tiro con Arco ladovi, o Club Medela MTB,  o Club de Tenis de Mesa San Ciprián, o Club Limosa Surf e o Club Náutico Amigos del Mar.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa