Publicador personalizado
« Atrás

A III EDICIÓN DO CAMPUS DE BASKET ENTRENOS DESPÍDESE HOXE DE SAN CIPRIÁN CON MOI BOAS SENSACIÓNS

O rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, e a concelleira de Educación, Dolores García Caramés, visitaron a burbulla Entrenos e tiveron a oportunidade de compartir uns intres coa gran familia deste campus, que cubriu practicamente o 100% das prazas dispoñibles -48 nesta ocasión-

Aproveitaron a visita ao Pavillón da Veiga, onde se desenvolveu gran parte da actividade deportiva, para felicitar á organización pola súa valentía "á hora de apostar por este evento que cobra máis valor se cabe nestes tempos que vivimos, e que os/as rapaces souberon valorar "xa que aproveitaron ao máximo esta experiencia única que lles permitiu aprender moito, recuperar sensacións de competición e compartir momentos de convivencia que de seguro inesquecibles".
Parabéns a todos/as eles/as e agardamos que desfrutaran motísimo da experiencia no noso concello!

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa