Publicador personalizado
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO SERÁ O ESCENARIO DO CAMPIONATO GALEGO E INTERAUTONÓMICO DE TAIJI QUAN

O evento será este próximo sábado 19 de xuño, no Pavillón da Veiga en San Ciprián

O Pavillón da Veiga acollerá este sábado 19 de xuño, a partir das 17:00 horas, o II Campionato Galego e Interautonómico de Taji Quan, nas modalidades individual e por parellas.

O evento foi presentado polo concelleiro de Deportes David Rodríguez, e polo Director do Departamento Galego de Taiji Quan da Federación Galega de kick Boxing e D.A., Miguel Ángel Rojo, que organiza o evento.

Na cita  competirán máis de 100 deportistas, de idades comprendidas entre os 20 e os 80  anos, que proveñen das catro provincias galegas –no caso da competición autonómica- e do País Vasco, Madrid, Castela e León, Cantabria e Asturias, para o interautonómico.

 A competición, como xa se apuntou, será na modalidade individual e por parellas, e o método de arbitraxe será por eliminatorias por bandeiras, con repesca.

Rodríguez puxo en valor unha vez máis o gran traballo desenvolvido por Miguel A. Rojo “que convirte a Cervo nun referente a nivel nacional en materia de Artes Marciais, e recordou que desde a administración local “seguiremos amosando a nosa colaboración para a celebración deste tipo de eventos que permiten tamén dar a coñecer un pouco máis esta disciplina ao gran público”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa