Publicador personalizado
« Atrás

O XIMNASIO MUNICIPAL OFRECE UN SERVIZO DE ASESORAMENTO PERSOAL CON CLASES DIRIXIDAS POR UNHA ADESTRADORA PROFESIONAL

As persoas interesadas poden chamar para informarse ao teléfono da instalación 982 59 45 12

A piscina de Lieiro ten a día de hoxe unha media de 110 usuarios con entrada libre por día, unha cifra que se foi recuperando nos últimos meses ata acadar niveis case idénticos a antes da pandemia

Desde o Concello de Cervo apostouse por manter aberta a instalación sempre que a normativa sanitaria o permitía, adaptando un protocolo de seguridade e prevención rigoroso que fixa un máximo de 30 persoas (15 homes e 15 mulleres)  por franxa de hora e media, contabilizando a piscina e a sala de máquinas

Para facer uso tanto do vaso como da sala de máquinas é imprescindible pedir cita previa

O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes, vén de poñer en marcha un novo servizo dirixido ás persoas usuarias da instalación da piscina municipal, incluído xa na cota mensual ou nos bonos diarios.

Tal e como explicou o edil de Deportes, David Rodríguez, durante a súa visita á piscina na que estivo acompañado por persoal da instalación, “trátase dun servizo de asesoramento persoal que inclúe sesións dirixidas por unha adestradora profesional que axudará ás persoas que o desexen a manter e/ou conseguir ou bo estado físico a través de diferentes exercicios de cardio e tonificación”.

Para este fin, apunta Rodríguez, adecuamos unha sala na piscina e reforzamos o material existente coa adquisición de mancuernas, aros e pelotas de pilates, balóns medicinais ou cintas de TRX; entre outros equipamentos.

As clases xa se empezaron a impartir de xeito experimental e están a ter moi boa acollida “con máis dunha decena de persoas inscritas”.

Ademais, a piscina municipal tamén ofrece servizo de asesoramento para realizar un uso correcto das distintas máquinas do ximnasio; e o persoal tamén está á disposición das persoas usuarias para elaborar táboas de exercicios personalizadas adaptadas aos obxectivos e capacidades de cada quen.

Tal e como apuntou o concelleiro, a día de hoxe estamos a ter unha media de 110 persoas usuarias ao día na instalación, entre o vaso e o ximnasio “unha cifras coas que estamos satisfeitos tendo en conta a situación actual, e coa premisa de que estamos a seguir rigorosamente uns protocolos de seguridade e prevención estritos que limitan a 30 as persoas na instalación, en quendas de hora e media, e con cita previa obrigatoria para poder realizar un control exhaustivo do aforo” (no teléfono 982 59 45 12).

Rodríguez recordou que desde o Concello de Cervo “apostamos sempre por ofrecer á veciñanza alternativas de deporte compatibles coa situación sanitaria, e de feito non  deixamos de ofrecer o servizo da piscina nin as Escola Deportivas en todo este tempo; sempre que a normativa vixente nos permitise, aínda que con limitacións, manter abertas as instalación e as salas destinadas á actividade física”. Sempre buscamos a fórmula para poder adaptar os servizos que prestamos –engadiu- á realidade sanitaria de cada momento.

Cabe recordar que o ximnasio municipal sufriu unha reforma integral recentemente para a que se mobilizaron 45.000 euros de fondos municipais. Actuouse na cuberta, na estrutura e no piso –que se reforzou naquelas zonas de uso de pesas-; e adquiríronse novas máquinas.

 

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa